miércoles, 26 de octubre de 2011

Hei

Estiven pensando no que é a singularidade do idioma e a forma de pensar que temos cada un. Eu, por exemplo, non sei se o que digo está ben ou mal, e dáme bastante igual. Son coma un neno que intenta falar e pode pensar que está ben e erra. Pero non lle importa. Hai que seguir intentando. Pero a cuestión é que o que máis intento facer é cambiar o chip: deixar de pensar en español, ou galego, para poder falar inglés coma un inglés fala o seu idioma. Non sei se me explico. Hai que deixar os "bueno...", "quizais", tantas oracións coordinadas, e claro, tamén tantas subordinadas, porque pode ser un coñazo atopar tantas subordinadas. Como me din conta tamén do que dou feito nun idioma, igual non o dou feito noutro... bah, non sei se me explico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario